BOWKER, LYNNE
Este libro ofrece unha introdución sinxela ao eido da tradución para estudantes de calquera especialidade e en xeral para calquera persoa que queira coñecer mellor esta disciplina: proporciona ademais as ferramentas precisas para coñecer e analizar todos os aspectos da nosa profesión, que pode ser unha saída laboral para graduadas e graduados noutros estudos.
A autora abrangue, dende unha perspectiva ética, diferentes cuestións como os conceptos fundamentais, as figuras máis relevantes ao longo da historia; os acontecementos clave; as ferramentas e recursos necesarios para desenvolver tarefas de tradución non profesionais; ou os varios tipos de tradución aos que nos podemos enfrontar. Cada un dos capítulos inclúe ademais actividades prácticas, lecturas complementarias comentadas e resumos dos puntos clave que se poden empregar nas aulas, na docencia en liña ou no estudo autónomo. Finalmente, o libro remata cun glosario de termos clave.
"Introdución á tradución. Curso de tradución para persoas curiosas" é o texto ideal para quen comece a estudar tradución ou que simplemente queira coñecer con certo detalle o ámbito da tradución profesional e da disciplina dos Estudos sobre tradución