Poesía Española e Hispanoamericana / EXUVIA E SALIVA

EXUVIA E SALIVA
-5%

EXUVIA E SALIVA

SOUTO, LORENA

20,00 €
19,00 €
IVA incluido
Agotado
Editorial:
CHAN DA PÓLVORA
Año de edición:
2025
Materia
Poesía Española e Hispanoamericana
ISBN:
978-84-129324-7-8
Páginas:
57
Encuadernación:
Rústica
20,00 €
19,00 €
IVA incluido
Agotado
Añadir a favoritos

Os poemas de Exuvia e saliva colocan unha ollada de microscopio sobre o contexto rural, fixada no detalle a nas estruturas internas, que foxe de idealizacións para formular preguntas abertas e procurar unha comprensión íntima da experiencia vital nesa realidade. O libro xorde como unha ampliación de Coleópteros, que foi medrando como o fai o pan cando leveda. Os temas que xa aparecían na obra anterior (a linguaxe e o silencio, os rituais e o alimento, a natureza, a idea de pertenza…) desenvólvese en profundidade arredor de tres capítulos que se suman a “Coleópteros”:

–“pronunciar”, centrado na linguaxe e na obsesión por traducir a falta de palabras e os xestos, como se o silencio crease unha lingua de seu, onde existen outros códigos polos que transcorre a comunicación. Os poemas exploran como se configuran os afectos, os coidados e a transmisión de coñecemento a través desa (non)linguaxe.

–“o doméstico”: xira arredor da familia e do lugar que habita, mais faino centrándose na súa relación coa natureza e co alimento, que vén marcada por constantes tensións (entre o sacrificio e o goce, a violencia e os coidados, a necesidade e a abundancia, o coñecemento e a ausencia de respostas…). Trátase, ademais, dunha realidade que se esvaece ante un eu poético obsesionado por contalo.

–“o salvaxe”: finalmente, preséntase un ecosistema fascinante que existe alleo ao ser humano, mais que tamén pode funcionar como metáfora do que vive en nós pero queda fóra do domesticado, dos patróns establecidos. Unha mirada sobre a crueza e a vulnerabilidade, a beleza e a dor.

Lorena Souto (O Páramo, 1983) o seu primeiro libro titulábase Fase de trema (Espiral maior, 2012) e foi galardoado co Premio Xosé María Pérez Parallé para voces inéditas. Coa colección de poemas Coleópteros (Chan da pólvora, 2018) recibiu o Premio Manuel Leiras Pulpeiro. A súa obra recóllese en publicacións colectivas e antoloxías como 150 Cantares para Rosalía de Castro (Consello da Cultura, 2015), Onda poética (Positivas, 2018), Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero) (Chan da pólvora, 2022) ou a editada en finés Villielämää (Parkko, 2022). En 2025 está prevista a publicación de Baixo as ás protectoras de Inanna, que recolle o seu traballo de tradución froito do X Obradoiro internacional de tradución poética en San Simón “Con barqueira e remador”, levado a cabo en 2022. Alén disto, formou parte do consello de redacción da revista literaria Dorna (2007-2014), do obradoiro de escrita creativa Tecedeiras e do grupo poético-musical Aderyn, que en 2019 lanzou o álbum Fractura. É licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e realizou a súa tese de doutoramento na Universidade de Bangor (País de Gales), onde tamén traballou como lectora de galego e de castelán. Relacionado co seu labor investigador publicou o ensaio Ainda invisíbeis? Narradoras e margens na literatura galega contemporânea (Através, 2022). Actualmente traballa como profesora de galego na Escola Oficial de Idiomas.

Artículos relacionados

  • EXQUISITA SUPPLICIA
    MOLINA, CESAR ANTONIO
    A César Antonio lo conocí de niño y siempre me cautivó su poesía. A la vista de los años me he confirmado en mi vaticinio.Álvaro CunqueiroLa poesía de César Antonio tiene la voluntad de ser arriesgada y nada complaciente. Es un viaje por la belleza marchita del mundo a través de palabras náufragas.José Ángel ValenteMolina, usted es un gran poeta. Sólo tiene que creérselo.Octavi...
    Con stock. Confirmar disponibilidad

    18,00 €17,10 €

  • ANTÍGONA GONZÁLEZ
    URIBE, SARA
    Antígona González busca a su hermano desaparecido. Quiere saber dónde está, recuperar su cuerpo, enterrarlo. Pero Antígona no está sola: su voz se confunde poco a poco con las voces de quienes buscan a los suyos en un México atravesado por la violencia.Partiendo de la tragedia de Sófocles y trasladándola al México contemporáneo, Sara Uribe construye una obra tan inclasificable ...
    Con stock. Confirmar disponibilidad

    15,95 €15,15 €

  • CASA EN VENTA
    INSAUSTI, GABRIEL
    'Casa en venta', el poema que da título a este libro, es un monólogo dramático que en boca de un supuesto agente inmobiliario presenta a un comprador la casa en la que vive ahora el autor y habla de él desde esa perspectiva futurible: la de una figura bastante anónima, algo retirada del mundo, que prefiere los universos de la intimidad sobre la farfolla y el espectáculo. A part...
    Con stock. Confirmar disponibilidad

    13,90 €13,21 €

  • NUEVOS DICHOS
    CADENAS, RAFAEL
    Rafael Cadenas (Barquisimeto, Venezuela, 1930), sin duda, es una de las voces poéticas más coherentes y respetadas de Hispanoamérica. En 2022 fue galardonado con el Premio Cervantes. «Estos dichos son eso, frases rescatadas de conversaciones con amigos, anotaciones de un profesor de literatura inglesa y española, reflexiones de un lector devoto de sus autores, apuntes del cami...
    Con stock. Confirmar disponibilidad

    14,00 €13,30 €

  • LOS OJOS TRAS LA MÁSCARA
    BEKES, ALEJANDRO
    La poesía de Alejandro Bekes resulta sorprendente por suapego a la tradición, por su cuidada retórica. El poetaviene de muy lejos y de muy plurales lecturas, perotambién de Borges y Lugones y no trata de disimularlo.Ni lo necesita. Es un poeta de hoy que escribe con laminucia artesanal de ayer. Y que no le teme a la directaemoción humana ni a esas buenas intenciones de las quee...
    Con stock. Confirmar disponibilidad

    17,00 €16,15 €

  • MUNDA
    CÁRDENAS, JUAN
    La escritura de cualquier libro es un proceso en constante mutación que podría llegar a ser inacabable. Son infinitos los retoques y los añadidos, los flujos y los parones, los ajustes y los titubeos, los triunfos y las concesiones que intervienen en la construcción de un libro. En ocasiones, hemos tenido la oportunidad de conocer las diferentes versiones de una obra literaria ...
    Con stock. Confirmar disponibilidad

    21,00 €19,95 €