Búsqueda de Editorial : XERAIS

51 resultados

  • E LOGO, TEMOS RAZÓNS PARA SER NACIONALISTAS?
    DEL BOSQUE ZAPATA, HENRIQUE
    O nacionalismo ten unha serie de valores que cómpre salientar. Defende unha serie de bens que son fundamentais na conformación da vida dos individuos: a historia da comunidade, a lingua, a cultura e a identidade, entre outros. Neste libro preténdese argumentar a prol do enorme valor que estes aspectos posúen de seu, así como da lexitimidade de todos os pobos a decidir o seu fu...
    Con stock. Confirmar disponibilidad

    10,95 €10,40 €

  • FEMINISMOS
    CASTRO, OLGA / REIMÓNDEZ, MARÍA
    Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia. Con vontade divulgativa, este libro dá conta do movemento social que máis cambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas, producindo a teoría e a práctica máis plural e trans...
    Con stock. Confirmar disponibilidad

    25,95 €24,65 €

  • FEMINISTAS GALEGAS
    BAR CENDÓN, MÓNICA
    Feministas galegas. Claves dunha revoluciónen marcha de Mónica Bar Cendón pretende mostrar o papel do feminismo na consolidación democrática e como se foron filtrando os seus postulados ata formar parte dos asuntos de Estado na actualidade. Tanto as feministas da transición, herdeiras da revolución cultural do 68 e dispostas a darlles a volta ás súas vidas en defensa da coheren...
    Con stock. Confirmar disponibilidad

    26,95 €25,60 €

  • MATERIA
    LÓPEZ DOBAO, XOSÉ ANTÓN
    O ser humano e a materia confúndense ata tal dimensión que por veces o individuo imaxina sentir que se distancia, que a súa esencia é espiritual, intanxible, transcendente. E non. A materia, coma o home, coma a muller, é continxencia pura, recreación da multitude ao mesmo tempo que a multitude é recreación material. De aí nace o esìrito deste libro: como unha corredoira de ida ...
    Con stock. Confirmar disponibilidad

    16,95 €16,10 €

  • ESTIRPE
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    É a poesía que afunda as súas raíces na terra a que explica, marca, expresa, canta e reclama as nosas diferencias, o noso devir tantas veces frustrado ou demitido. Esta é a poesía que atopamos en Estirpe, o libro que agora aparece como abalón das conciencias e motivo de reflexión poética. ...
    Con stock. Confirmar disponibilidad

    25,95 €24,65 €

  • CON PÓLVORA E MAGNOLIAS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na nosa lírica contemporánea. Unha certa perspectiva temporal salienta cada vez máis a significación deste libro, que marcou un fito, unha mudanza radical e necesaria na poesía galega dos últimos anos. Amor e desamor, paixón pola vida e afirmación de vellos e inconmovibles soños constitúen a base principal deste poemario...
    Con stock. Confirmar disponibilidad

    8,95 €8,50 €

  • MATERIA
    CASTAÑO, YOLANDA
    Legados, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas. Tanto na súa líquida versión capaz de humectar as raíces antepasadas, coma na solidez do que hoxe nos conforma mesmo se só asoma unha parte, ata a volatilidade gasosa dun futurible familiar. Dende a memoria histórica aos clarescuros da renuncia á maternidade se tratan nesta poderosa proposta...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    13,50 €12,83 €

  • AS MULLERES QUE CULTIVABAN NÉBOAS
    GREGORES, BEA
    Mamá é unha muller forte. Papá é un home estraño. Cando chega, todo se tingue dunha mancha escura, e da súa boca saen palabras que se cravan coma frechas no meu peito. ...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    16,50 €15,68 €

  • OBRA POÉTICA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
    PENA, XOSÉ RAMÓN
    As Letras Galegas 2022, dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán, permiten a redescuberta dun autor inserido nas coordenadas da vangarda enxebre ao que cómpre engadir unha poesía, bastante descoñecida, que contén cantos xeórxicos, exaltacións dionisíacas e eróticas ou que participa da poesía de combate e denuncia social. A Obra poética de Florencio Delgado Gurriarán inclúe Bebed...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    21,95 €20,85 €

  • LIXEIRO
    RAMOS, ISMAEL
    «Lixeiro», o terceiro libro de Ismael Ramos, é unha reflexión sobre os desencantos do presente e a procura dunha transcendencia que non chega. A precariedade, a amizade no transo á idade adulta, unha parella que se desintegra, unha irmá que medra, lebres que cruzan a estrada sen mirar, traballadores en barco, tren, autobús... Todos eles atravesan este poemario, que foxe coma un...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    12,95 €12,30 €

  • ZONA A DEFENDER
    RIVAS, MANUEL
    «Zona a Defender» foi unha denominación que se popularizou coa loita ecolóxica en Francia. O planeta debería ser por enteiro unha Zona a Defender. Expresada co activismo da escrita poética, o pensamento crítico e un humor desacougado, esa chamada de alerta percorre todo este libro. En «Zona a Defender. A esperanza indócil», Manuel Rivas, despois da denuncia que foi o libro «Con...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    20,50 €19,48 €

  • BESTA DO SEU SANGUE
    PEDREIRA, EMMA
    Besta do seu sangue relata, con grande orixinalidade, unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta desde unha visión que propugna unha revisión de xénero. Disposta como un conxunto fluído de microunidades narrativas, na novela conviven os rexistros culto e coloquial para vencellar as voces partícipes da historia e da creación do mito nacido arredor da persoa...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    17,95 €17,05 €

  • VIVIR SEN PERMISO E OUTRAS HISTORIAS DE OESTE
    RIVAS, MANUEL
    Este novo libro de Manuel Rivas contén tres historias que, ao xeito da serie negracriminal, retratan un tempo histórico onde se acrecenta o poder das mafias, da cobiza, do diñeiro sucio e da corrupción. Mais tamén son historias que nos mostran a condición humana situada no límite, relatadas desde a maxia literaria dunha escrita impactante, poderosa e directa. En «O medo dos o...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    18,95 €18,00 €

  • POESÍA REUNIDA (1982-2004). XELA ARIAS
    ARIAS, XELA / NOGUEIRA PEREIRA, MARÍA XESÚS
    O volume Poesía reunida (1982-2004) dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento. A escritora ocupou un lugar de seu na cartografía literaria das últimas décadas e a súa obra está en consonancia coa renovación do discurso poético producida dos anos 80 en diante, así como coa proliferación dos discursos do feminismo, aos que acompañou co...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    23,95 €22,75 €

  • CLARO DE LÚA
    AMEIXIDE, PURI
    A comezos do século XIX, a vida transcorre lentamente na vila mariñeira da Guarda. Rosa, unha rapaza orfa e pobre, ve morrer a anciá señora á que coidaba e sente que todo o seu mundo se derruba. Un forasteiro, don Leandro, chega para facerse cargo da herdanza da muller e pouco a pouco aprenderá a valorar as bondades do lugar, das xentes e do tipo de vida que alí se lle ofrece, ...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    23,50 €22,33 €

  • FALEMOS DA CARICATURA
    SIRO / CABALLERO, FÉLIX
    Siro é o pai da caricatura na prensa galega despois da Guerra Civil e o caricaturista político galego por excelencia dos últimos cincuenta anos. Aos milleiros de caricaturas que ten publicado en xornais e revistas cómpre engadir o seu labor teórico sobre a caricatura en estudos monográficos como " A caricatura como arte " , publicado na revista " Grial " xa na temperá data d...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    14,50 €13,78 €

  • SOÑOS. ARQUIVOS. CARTAS
    CEBREIRO, MARÍA DO
    " Soños. Arquivos. Cartas " é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva, o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros. " Soños. Arquivos. Cartas " componse...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    14,50 €13,78 €

  • GALICIA EN BUS
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    " Galicia en bus " é un libro de poemas que traza un percorrido íntimo e, ao tempo, social e colectivo, desde unha perspectiva feminista, articulando un mapa cartográfico que funde o territorial coas lembranzas persoais e o propio corpo. Este libro, co que a escritora María Reimóndez gañou a XX edición do Premio Johan Carballeira do Concello de Bueu, afonda na identidade perso...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    14,50 €13,78 €

  • CULPABLE
    RÍOS, ELI
    «Declárome culpable: / asasinei o eu lírico». Estás convidada, querida persoa lectora, a participar neste crime e a acumular a ficción da cultura de masas e da " high art " . Avisada quedas desde agora: has ter que tomar decisións: unha corredoira ou a outra. Nunca no medio. Soltarás cancelas (enxértese unha advertencia aquí) e bosquexarás sorrisos neste enredo paranoico dos ...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    14,50 €13,78 €

  • AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OÍR
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da súa infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar. A proxección de si mesma na cidade, o rexeitamento e a vergoña, fan que por veces esqueza que foi en Vila...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    23,50 €22,33 €

  • SUITE ARTABRIA
    LOURENZO, MANUEL
    Suite Artabria, de Manuel Lourenzo é un conxunto de tres pezas («Orzán», «O fulgor das atochas» e «Alerta na rúa do Pozo») con elementos comúns, concibidas, segundo o xurado, «como un roteiro por algúns dos espazos máis representativos da Coruña»: o Orzán, as Atochas e a Falperra. Trátase dun paseo pola intimidade escura e visceral dunha cidade amada polo autor, a través de tre...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    19,50 €18,53 €

  • OS FILLOS DO LUME
    FEIJOO, PEDRO
    Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. E, aínda así, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comez...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    23,95 €22,75 €

  • 22 SEGUNDOS
    MEJUTO, EVA
    O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase. " Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    13,50 €12,83 €

  • CORREDORA
    REIMONDEZ MEILAN, MARIA
    Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de a...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    13,50 €12,83 €

  • O CÓDICE ESMERALDA
    BLANCO, ALBERTE
    O achado dun antigo manuscrito familiar embarca a Xacobe nunha investigación que o retrotrae aos tempos da batalla de Rande. Xan Bieito, un antepasado seu, fora grumete na frota de Nova España e relatara as peripecias da longa viaxe, ademais da histórica batalla naval de 1702 na Ría de Vigo. O manuscrito deixaba entrever a existencia dun tesouro oculto, protexido por un estraño...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    22,95 €21,80 €

  • POEMAR O MAR
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    "Poemar o mar" é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con "En la cuna del mar" e "Palabras do mar". Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra. Mares con ondas amarelas, con illas coma estrelas, mares de plumas que son de auga e mel, mares...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    13,50 €12,83 €

  • RACLETTE
    CORTEGOSO CALVAR, SANTIAGO
    Raclette, de Santiago Cortegoso, gañadora do XXII Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, é unha obra que mestura a comedia co dramatismo, abordando temas universais desde a perspectiva da sociedade actual. Cunha sólida reflexión arredor de temas como a incomunicación, a morte, a relación de parella, a maternidade, a sobreprotección ou a violencia, Raclette preséntanos cinc...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    15,50 €14,73 €

  • OSO MAMÁ, SI?
    LADO, MARÍA
    Coidado... coidado, ti, lector; amodo, pois este libro que tes nas túas mans agora mesmo é fráxil coma o punto xusto máxico de unión de dúas cereixas nos días de primavera. Así é. Aínda que este oso, mamá, si? é brutalmente sincero coma un temporal na fisterra máis atlántica e animal. O poemario, de innovadora linguaxe poética, susúrranos ao oído, moi baixiño, a maxia, por unha...
    Descatalogado. No disponible

    13,50 €12,83 €

  • E LOGO, TEMOS RAZÓNS PARA SER NACIONALISTAS?
    DEL BOSQUE ZAPATA, HENRIQUE
    O nacionalismo ten unha serie de valores que cómpre salientar. Defende unha serie de bens que son fundamentais na conformación da vida dos individuos: a historia da comunidade, a lingua, a cultura e a identidade, entre outros. Neste libro preténdese argumentar a prol do enorme valor que estes aspectos posúen de seu, así como da lexitimidade de todos os pobos a decidir o seu fu...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    10,00 €9,50 €

  • O VALEGO
    COSTAS GONZÁLEZ, XOSÉ-HENRIQUE
    «Paixón e ciencia percorren todo este libro co obxectivo de que sexa unha obra útil para dar longa vida ás falas do Val do Ellas. A presente monografía é o resultado de vinte anos de continuas visitas de Xosé-Henrique Costas á zona para recoller material, que foi dando a coñecer nun bo quiñón de relatorios e de artigos, agora revisados, actualizados e agrupados nos diversos ca...
    Sin stock en librería. Confirmar dispon.

    21,95 €20,85 €


01 02